Que é Suseia Coop

“Soñamos. Producimos. Transformamos”

Suseia Coop, é unha cooperativa de traballo asociado coa que creamos, para ti, vídeo profesional a un prezo xusto. Aproveitamos a nosa capacidade de cooperación e a nosa implicación social para formular novas solucións comunicativas. O noso reto é transformar o sector apostando pola ética empresarial e a economía sostible. Facendo do valor humano, o piar sobre o que medra a nosa empresa.

Somos un equipo formado por socios e colaboradores apaixonados polo noso traballo: creamos historias, dámoslle forma, adaptámolas ás canles máis axeitadas para que teñan o maior impacto posible. E o facemos coidando moitísimo os detalles en todo o camiño, para plasmar esa idea inicial que reflicta a túa imaxe.

Que facemos

“Escoitamos. Propoñemos. Creamos. Difundimos.”

Na actualidade ningún plan de comunicación dunha marca se podería desenvolver sen vídeo. En España son 24 millóns de persoas as que visualizan pezas audiovisuais a través de internet no seu día a día. 24 millóns de potenciais clientes, usuarios ou colaboradores aos que pode chegar a túa marca ou empresa.

Unha boa campaña de comunicación a través do vídeo consegue fidelización coa marca. As redes sociais como Youtube e Instagram obrigan as empresas a xerar vídeos se queren ter repercusión e notoriedade no mundo virtual. Hoxe, as marcas que non están nestas Redes Sociais, non existen.

Axudámoste a existir.

Formatos televisivos

Levamos media vida desenvolvendo e traballando en formatos de TV. O noso currículo aborda todo tipo de programas e ficcións deseñadas principalmente para TVG: concursos , realitys, documental, ficción. Temos traballado en mil formatos televisivos diferentes!

Produción audiovisual

Igual xa tes unha idea e non sabes moi ben por onde comezar a desenvolvela. Nese caso, precisas dunha produtora audiovisual. Axudarémoste a darlle forma a todos eses proxectos que quedaron aparcados nun caixón.

Vídeo Corporativo

Comunicar consiste tamén en implicar. Hoxe a túa empresa non se pode entender sen os seus valores de marca. Encargámonos de transmitirlle eses valores aos teus traballadores ou potenciais clientes. Adaptando as mensaxes ás particularidades de cada proxecto.

Spot publicitario

O spot marca tendencia nos actuais medios de comunicación dixitais. Un video curto cunha mensaxe clara que engatusará a túa audiencia. Sen dúbida un tipo de formato de vídeo, que pola súa brevedade ten un alto impacto comunicativo.

Edición e Postprodución de video

Temos a vosa disposición salas de montaxe e técnicos con miles de horas de experiencia tanto en montaxe como en postprodución de imaxe. Cóntanos a túa idea ou pídenos información sen compromiso!

Contratación de profesionais

Somos unha empresa formada por profesionais das distintas ramas da creación audiovisual. Se precisas dun técnico cualificado para algún dos teus proxectos, de seguro que o poderás atopar na nosa plantilla. Pídenos información.

En que andamos metidos...

“Investigamos. Traballamos. Acadamos solucións.”

Proposta creativa para o Concello de Brión co fin de potenciar o comercio local e o consumo de proximidade. Un vídeo no que quixemos aproveitar a maxia do Nadal para crear conciencia sobre a importancia de ter un tecido comercial forte.

Campaña Comercio Local

Proposta creativa para o Fondo Xacobeo 2020 dentro do noso proxecto comunicativo de divulgar Cultura de xeito ameno e entretido. Esta vez quixemos darlle unha volta ao xeito de coñecer o Camiño de Santiago Francés e percorrelo a través da súa toponimia, chea de anécdotas divertidas e descoñecidas, así como tradicións que perviven ata os nosos días.

Divulgación Cultural

Poñemos a disposición da economía solidaria vídeo de calidade e potencialmente viral, seguindo as últimas tendencias en comunicación. Proposta creativa para Agaca con motivo do lanzamento da súa nova marca NOSO.

Spots e virais solidarios

Microespazo creado para dar a coñecer as potencialidades da economía circular e todo o que rodea a esta. Un microespazo de 3 minutos no que se pon en valor a importancia do medio ambiente. Un proxecto comunicativo no que apostamos po poñer en valor a ecoloxía e a nosa contorna.

Concienciación e medioambiente