Ofrecemos un amplo espectro de servizos, incluíndo formatos televisivos, producción audiovisual, vídeo corporativo, spots publicitarios, edición e posprodución de vídeo, e contratación de profesionais. En Suseia S.Coop. Galega, comprometémonos a dar vida ás túas ideas e historias de forma efectiva.
Vídeo profesional a un prezo xusto
Formatos televisivos
Levamos media vida desenvolvendo e traballando en formatos de TV. O noso currículo aborda todo tipo de programas e ficcións deseñadas principalmente para TVG: concursos, realitys, documental, ficción. Traballamos en moitos formatos diferentes!
Produción audiovisual
Igual xa tes unha idea e non sabes moi ben por onde comezar a desenvolvela. Nese caso, precisas dunha produtora audiovisual. Axudarémoste a dar forma a todos eses proxectos que quedaron aparcados nun caixón.
Vídeo corporativo
Comunicar consiste tamén en implicar. Hoxe a túa empresa non se pode entender sen os seus valores de marca. Encargámonos de transmitirlle eses valores aos teus traballadores ou potenciais clientes. Adaptando as mensaxes ás particularidades de cada proxecto.
Spot publicitario
O spot marca tendencia nos actuais medios de comunicación dixitais. Un vídeo curto cunha mensaxe clara que chegará á túa audiencia. Sen dúbida, un tipo de formato de vídeo que pola súa brevedade ten un alto impacto comunicativo.
Edición e posprodución de vídeo
Na nosa tenda asesorámosvos en nutrición, coidados e complementos. Traballamos con varias marcas apostando moito polo produto de calidade e proximidade. Comida, xoguetes, complementos de estética: temos case todo o que poidades precisar para os vosos amigos de catro patas.
Contratación de profesionais
Somos unha empresa formada por profesionais das distintas ramas da creación audiovisual. Se precisas dun técnico cualificado para algún dos teus proxectos, de seguro que o poderás atopar na nosa plantilla. Pídenos información!
A túa Historia,
o noso compromiso
En Suseia Coop, a túa historia é a nosa paixón. Estamos aquí para axudarte a contala da maneira máis efectiva posible. Preparado para dar vida ás túas ideas? Fai que os teus soños se fagan vídeo con Suseia Coop.